Inici > Delegacions > Delegacions del Govern > Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma de Galícia > Actualitat > Notes de premsa > Notas > 2021 > Octubre > Emilio González agradece a José Antonio Pérez o seu labor á fronte da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense
Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
Emilio González agradece a José Antonio Pérez o seu labor á fronte da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense
13/10/2021
O subdelegado do Goberno recibiu esta mañá ao xefe da Policía Autonómica en Ourense, que se despide do cargo con motivo da súa xubilación
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, recibiu esta mañá na Subdelegación do Goberno ao xefe da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma, José Antonio Pérez Estévez, para manter un encontro de despida con motivo da súa xubilación.
O subdelegado do Goberno quixo agradecerlle ao máximo responsable da Policía Autonómica na provincia “o labor desenvolvido durante estes anos en Ourense, especialmente no último ano e medio marcado pola pandemia”. Emilio González tamén resaltou “a boa disposición e total colaboración amosada sempre con esta Subdelegación”.
Por último, Emilio González trasladoulle a José Antonio Pérez os mellores desexos no pase á nova situación.
José Antonio Pérez Estévez ocupa o cargo de responsable da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense dende o ano 2.016, formando parte da mesma dende a súa creación en 1.994.