Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
Isabel Rodríguez organiza coas forzas de seguridade o operativo contra a pandemia na provincia de Lugo
09/06/2021
Policía Nacional e Garda Civil efectuaron, desde o venres, 430 controis, 332 inspeccións na hostalaría e formularon 67 propostas de sanción na provincia de Lugo
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a reunión semanal de coordinación das forzas de seguridade para organizar o traballo do operativo que se ocupa de velar polo cumprimento das restricións sanitarias fixadas pola Xunta para os concellos da provincia. A reunión celebrouse por vía telemática e nela participaron mandos da Policía Nacional, a Garda Civil, a Policía Autonómica e a Policía Local de Lugo, ademais de representantes de Protección Civil e da Subdelegación do Goberno.
Isabel Rodríguez lembrou a importancia de manter os dispositivos de vixilancia e información por parte das forzas de seguridade en tanto continúen sendo necesarias as restricións para evitar a propagación do coronavirus e anunciou que durante a fin de semana intensificarase o seguimento en zonas de ocio nos que se congrega maior número de persoas.
A subdelegada puxo de manifesto o compromiso de todas as forzas e corpos de seguridade, que traballan conxuntamente para protexer a saúde dos lucenses e insistiu na necesidade de que os cidadáns non abandonen as medidas de autoprotección.
Rodríguez tamén informou de que, desde o pasado venres, cando tivo lugar a última reunión de coordinación, a Policía Nacional e a Garda Civil realizaron na provincia 430 controis e tamén efectuaron 332 inspeccións en establecementos de hostalaría. Nos dispositivos participaron 919 axentes, que identificaron 5.715 persoas e realizaron 5.006 controis a vehículos.
Como consecuencia destes controis, no período comprendido entre os días 4 e 8 de xuño, na provincia formuláronse 67 propostas de sanción por parte da Policía Nacional e da Garda Civil.