Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
Isabel Rodríguez informa de que o Ministerio de Xustiza vén de publicar no BOE a creación do novo xulgado do social de Lugo
02/12/2020
A subdelegada destaca que a creación do novo xulgado “reafirma o compromiso do Goberno con Lugo”
O cuarto xulgado do social axudará a aliviar a carga de traballo, agravada por causa da crise sanitaria do COVID-19
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informa da publicación no Boletín Oficial do Estado do Real Decreto polo que se crea un novo xulgado do social en Lugo.
Isabel Rodríguez manifestou que se trata de unha importante noticia para Lugo, xa que o novo xulgado axudará a aliviar a importante carga de traballo na xurisdición social, que se agravou como consecuencia da crise producida pola pandemia.
A subdelegada destacou que a creación do novo xulgado “reafirma o compromiso con Lugo do Goberno e, concretamente, do Ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo”. Neste sentido, lembrou que o Ministerio de Xustiza incluíu a creación do novo xulgado do social de Lugo, que será o cuarto, no Plan de actuación de medidas urxentes contra a pandemia co que se trata de aliviar a extraordinaria carga de traballo que motivou a crise sanitaria nos órganos xudiciais.
O novo xulgado de Lugo figura entre as 33 unidades xudiciais que se crean dentro do Plan de medidas urxentes.
O Real Decreto que hoxe publica o BOE explica que a Administración de Xustiza sufriu unha ralentización significativa como consecuencia da crise sanitaria, polo que se debe procurar dar unha saída áxil ao volume de procedementos suspendidos e acumulados desde que se decretou o estado de alarma.
Ademais considera que é importante afrontar e resolver os problemas xerados pola propia crise no normal funcionamento da Administración de Xustiza, canalizando o previsible incremento da litixiosidade.