Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
O Concello de Palas de Rei adhírese ao Protocolo para a protección das vítimas de violencia de xénero
21/12/2018
A subdelegada do Goberno copresidiu a Xunta Local de Seguridade que aprobou a decisión deste Concello de sumarse ao Protocolo contra a violencia de xénero
A Xunta Local de Seguridade, que non se reunía dende 2015, tamén analizou a evolución da delincuencia neste municipio
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, copresidiron hoxe a Xunta Local de Seguridade na que se aprobou a adhesión deste municipio ao Protocolo para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero.
A subdelegada do Goberno felicitouse pola celebración desta Xunta Local de Seguridade, que non se reunía dende novembro de 2015, e porque a xuntanza “sirva para a adhesión deste Concello ao Protocolo de colaboración para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero”.
“Sempre digo que todas as institucións somos moi necesarias e a colaboración de todos, administracións, forzas de seguridade –as que quero felicitar polo gran traballo que fan moitas veces con escasos medios- e cidadáns é fundamental para protexer ás vítimas”, manifestou a subdelegada.
Tamén destacou Isabel Rodríguez que “coa súa adhesión ao convenio de colaboración co Ministerio do Interior sobre o sistema VioGen, o Concello de Palas de Rei involúcrase máis na protección das vítimas de violencia de xénero deste municipio. Penso que é unha boa noticia porque as administración locais son as que están máis cerca dos cidadáns. Por este motivo, o Goberno ao que represento deulle un novo pulo á loita contra a violencia de xénero e unha das primeiras medidas que tomou foi devolverlle competencias na materia aos municipios, dotándoos ademais de recursos económicos”.
Concretamente, o Goberno transfire nestes días case 155.000 euros aos concellos da provincia de Lugo, dos que ao Concello de Palas de Rei correspóndenlle algo máis de 1.300 euros, e o ano que vén está previsto duplicar esa cantidade xa que o orzamento para este fin será de 40 millóns de euros.
DATOS VIOLENCIA DE XÉNERO
No sistema de Seguemento Integral (VIOGEN), o número total de casos activos de mulleres con domicilio en Palas de Rei aos que realiza seguemento actualmente a Garda Civil é de 3. Delas, 2 están consideradas de risco baixo e outras 1 de risco non apreciado.
O número de denuncias por malos tratos presentadas neste municipio no que levamos de 2018 é de 1.
EVOLUCIÓN DA DELINCUENCIA
A Xunta Local de Seguridade tamén analizou o estado da seguridade en Palas de Rei. Segundo informou a subdelegada do Goberno, a evolución da delincuencia desde xaneiro experimentou un lixeiro aumento xa que dende xaneiro denunciáronse 42 infraccións penais, 3 máis que no mesmo período do ano anterior, e diminuiron os delictos graves e menos graves, pois pasaron dos 28 no ano anterior aos 25 deste ano. Dende xaneiro, a Garda Civil esclareceu 17 das infraccións penais coñedidas e detivo 4 persoas, ademais de investigar outras 14.
CENTROS ESCOLARES
Na Xunta Local de Seguridade, a subdelegada do Goberno informou tamén de que a Garda Civil impartiu no último curso académico 5 charlas en centros escolares de Palas de Rei que trataron sobre temas como acoso escolar e os riscos na internet e novas tecnoloxías.
Estas actividades, que tratan de temática de especial interese para a seguridade da xente moza, correron a cargo da Garda Civil e inscríbense no Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar.