Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Garda Civil dá pautas de seguridade aos maiores de Navia de Suarna
29/10/2018
A subdelegada do Goberno participou na presentación do Plan Maior 2018-2019 e destacou o valor desta iniciativa en concellos nos que reside moita poboación maior
As charlas de seguridade para maiores celebraranse en distintas localidades da provincia coa colaboración dos concellos
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou hoxe na presentación do Plan Maior 2018-2019. Trátase dun programa especialmente dirixido aos maiores que desenvolverá a Garda Civil en distintas localidades da provincia.
A subdelegada do Goberno remarcou o valor desta iniciativa nunha provincia na que moitos concellos teñen unha elevada taxa de persoas maiores e destacou que o obxectivo deste plan é velar pola seguridade dos maiores. Para iso, impártense charlas informativas nas que a Garda Civil dá información e consellos aos maiores para axudalos a previr riscos tanto na casa como nas estradas ou en situacións como poden ser os incendios. Tamén se facilitan pautas para facerlle fronte a posibles abusos de confianza ou de cómo actuar no caso de sofrir malos tratos.
Así, os asistentes á charla impartida esta mañá no Concello de Navia de Suarna recibiron consellos, por exemplo, para afrontar riscos dentro do seu domicilio, como ter o teléfono situado nun lugar fácilmente accesible, manter ben iluminadas e con pasamáns as escaleiras, conservar limpo o interior das chimeneas ou non gardar cartos na casa. Ademais, déronlles recomendacións para evitar ser vítimas de estafas ou timos e tamén se trataron temas como as posibles desorientacións na vía pública.
Entre os obxectivos do Plan Maior figuran o de axudar aos maiores a previr ameazas, coñecer as necesidades e medos das persoas maiores e mellorar a resposta da Garda Civil en función das necesidades que ten este grupo de poboación.
A Garda Civil xa ten previsto realizar outras charlas do Plan Maior nos concellos de Cervantes e Baralla.