Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
Maica Larriba agradece ao comisario de Vigo o seu labor ao fronte da Policía Nacional na cidade
11/10/2018
A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba agradeceu hoxe ao comisario, Emilio Fernández o seu labor ao fronte da Comisaría de Vigo ao longo destes últimos tempos
A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba agradeceu hoxe ao comisario, Emilio Fernández o seu labor ao fronte da Comisaría de Vigo ao longo destes últimos tempos. A Subdelegada subliñou o bo traballo realizado polo comisario así como “a colaboración prestada dende a miña toma de posesión do comisario e de os membros do corpo nacional de Policía da cidade viguesa”.
Larriba cualificou de “magnífico profesional” ao comisario e desexoulle “o mellor na vida que comeza agora e que é o primeiro día da xubilación que estou segura vai saber desfrutar porque o ten merecido polo seu traballo e a súa adicación ao servizo público”.
O comisario Emilio Fernández agradeceu as palabras da Subdelegada das que subliñou que se trataban de “eloxios non merecidos” e tamén quixo agradecer a toda a plantilla da Comisaría de Vigo pola súa labor. Cualificou como “un momento moi duro” o “asasinato da súa compañeira Vanesa Lage” pero encomiou tamén a resposta da cidadanía viguesa que estivo ao lado da Policía Nacional neses días.
Subliñou o alto grado de profesionalidade dos membros da Comisaría viguesa e sinalou ao seu substituto provisional, o xefe de Operacións, como o mellor posicionado para sucederlle no cargo “o por lo menos é o que me gustaría a min”, concluíu Fernández.