Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Noviembre > José Miñones traslada o compromiso da Goberno coa promoción e defensa da lingua galega como signo de identidade e de unión de Galicia
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
José Miñones traslada o compromiso da Goberno coa promoción e defensa da lingua galega como signo de identidade e de unión de Galicia
15/11/2021
Avanza que o Ministerio de Transportes comezará en 2022 a rehabilitación íntegra a sede da RAG cun investimento de 2 millóns de euros
Detalla que o Ministerio de Ciencia aportará no vindeiro ano máis de 300.000 euros para financiar o funcionamento da institución
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou hoxe ao presidente da Real Academia Galega o compromiso do Goberno coa promoción, defensa e uso institucional do idioma galego así como co funcionamento da principal institución académica en defensa da lingua.
José Miñones realizou unha visita institucional á sede da RAG, que percorreu xunto co seu presidente, Víctor F. Freixanes. Xunto a eles asistiron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas,e o secretario da Academia, Henrique Monteagudo.
O delegado do Goberno detallou na visita os avances que está facendo o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana respecto á rehabilitación integral do edificio propiedade da Real Academia na rúa Tabernas. Trátase dun proxecto incluído no Programa de Rehabilitación Arquitectónica e que suporá un investimento de 2 millóns de euros.
O delegado explicou que os servicios técnicos do Ministerio están a avaliar o proxecto de execución elaborado polo estudio Moure e Pascual, para poder iniciar as obras no próximo ano: “Os orzamentos de 2022 xa contemplan unha partida inicial para arrincar os traballos”, engadiu.
A actuación inclúe traballos de restauración, modernización e nova distribución do edificio que, lembrou José Miñones, “foi casa de Emilia Pardo Bazán e hoxe é museo e ademais, atópase nun enclave histórico e a uns pasos da igrexa de Santiago”.
O delegado do Goberno avanzou tamén ao presidente da Real Academia os compromisos de financiamento da actividade académica. Así, en 2022, a través do Ministerio de Ciencia e Innovación, “imos aprobar unha subvención que supera os 300.000 euros para favorecer a súa actividade”, explicou.