Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Enero > Maica Larriba informa de que na provincia desde o pasado 22 de decembro realizáronse 4.300 dispositivos de seguridade que alcanzaron a case 17.000 persoas e a máis de 7.500 vehículos
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Maica Larriba informa de que na provincia desde o pasado 22 de decembro realizáronse 4.300 dispositivos de seguridade que alcanzaron a case 17.000 persoas e a máis de 7.500 vehículos
08/01/2021
A subdelegada do Goberno presidiu esta mañá a xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (CECOR), na que se fixo balance dos operativos de vixilancia e control durante os pasados días festivos.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu esta mañá a reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación Operativa (CECOR) da provincia, á que asistiron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela e comisario provincial accidental, Carlos Valcárcel, o comisario xefe accidental da Comisaría de Pontevedra, Camilo Loureiro, o inspector xefe da Policía Autonómica, Diego González, e o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro.
Durante a reunión, os seus integrantes realizaron unha análise das cifras derivadas das restricións á mobilidade rexistradas desde o pasado día 28 de decembro ata o 6 de xaneiro. Os datos rexistrados durante as festividades do período natalicio xa foran expostos na anterior reunión deste órgano celebrada o pasado 28 de decembro. Deste xeito, nos últimos dez días as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado realizaron na provincia un total de 2.591 dispositivos de control nos que participaron máis de 2.000 efectivos e que concluíron con 11.114 persoas identificadas, 4.649 vehículos controlados e 351 propostas de sanción. A porcentaxe de propostas de sanción sobre a poboación controlada apenas chega ao 3,1 %.
Así mesmo, a subdelegada do Goberno quixo ofrecer un balance de todo o período festivo. Así, desde o pasado 22 de decembro –día no que entraron en vigor as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia- e ata o día 6 de xaneiro, a Garda Civil e a Policía Nacional levaron a cabo 4.300 dispositivos de control e vixilancia con más de 3.260 efectivos dedicados a eles e que alcanzaron a case 17.000 persoas e a máis de 7.500 vehículos. En total, interpuxéronse 682 propostas de sancións, unha cifra que representa un 4 % de sancións sobre o número total de persoas controladas.
Pola súa banda, e segundo os datos facilitados polo inspector xefe da Policía Autonómica, Diego González, o corpo policial autonómico levou a cabo do 22 de decembro ao 6 de xaneiro 80 dispositivos de vixilancia, nos que participaron 241 efectivos, se controlaron a 120 persoas e 84 vehículos e se elevaron 17 propostas de sanción.
A subdelegada do Goberno quixo agradecer ás Forzas e Corpos de Seguridade estatais e autonómicos o traballo realizado durante as festas, así como facer un chamamento á cidadanía para que continúe cumprindo coas medidas vixentes na nosa comunidade.