Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
A Delegación do Goberno informa de que non se denunciará aos vehículos agrícolas que non puidesen pasar a ITV
13/11/2020
A prórroga das ITV finalizou esta mesma semana, pero existen puntos nos que as inspeccións móbiles non chegan ata febreiro
O delegado do Goberno remitiu unha carta a principios deste mes ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, para instalo a tomar medidas neste ámbito
A Delegación do Goberno en Galicia informa de que non se denunciará aos vehículos agrícolas que non puidesen pasar a ITV polos retrasos nas inspeccións móbiles. É a resposta da Dirección Xeral de Tráfico ante a imposibilidade por parte da Xunta, que ten a competencia exclusiva, de realizar os trámites nalgúns concellos do rural galego.
A directriz establece que “non procede formular denuncia aos vehículos agrícolas que circulen a partir do 10 de novembro de 2020 coa inspección técnica caducada se queda acreditado que non puideron pasar a inspección con anterioridade a esta data, de acordo co calendario de ITV móbiles”. Esto facilita o labor dos profesionais do rural, que quedaban nunha situación complexa, pois necesitarían desprazarse ás estacións fixas, o que provoca problemas de circulación, aglomeracións e gastos importantes.
Ante os retrasos ata febreiro das inspeccións móbiles, o delegado do Goberno trasladou ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, a información para pedirlle que valore a posibilidade de tomar medidas. Na misiva remitida a principios desde mes lembrou que a execución e funcionamento das Inspeccións Técnicas de Vehículos é unha competencia exclusiva da Comunidade Autónoma.
O delegado do Goberno destacou a importancia da maquinaria agrícola para a actividade económica rural. Polo tanto, celebra esta decisión da Dirección Xeral de Tráfico que permite a continuidade do traballo, en especial nun momento de recuperación económica pola pandemia da COVID-19.
Subliña que este criterio facilita o labor da agricultura e a gandería. Tamén é importante evitar as viaxes dos seus vehículos por estrada por motivos de seguridade vial. Na actualidade, nalgúns concellos as súas posibilidades de realizar Inspeccións Técnicas están limitadas aos desprazamentos ata as sedes fixas, o que implica longos traslados que agora poden evitarse.