Inici > Delegacions > Delegacions del Govern > Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma de Galícia > Actualitat > Notes de premsa > Notas > 2021 > Enero > Javier Losada anuncia a próxima convocatoria da Mesa de Transición das Pontes ante a decisión “unilateral” de Endesa de pechar a central térmica
Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat al Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
Javier Losada anuncia a próxima convocatoria da Mesa de Transición das Pontes ante a decisión “unilateral” de Endesa de pechar a central térmica
21/01/2021
O delegado do Goberno en Galicia lembra á empresa enerxética que existe un grupo de traballo técnico para avaliar as probas efectuadas
Javier Losada apunta á existencia de fondos para a transición enerxética deste tipo de instalacións que debe ter en conta Endesa antes de tomar calqueira decisión sobre a planta
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou hoxe a próxima convocatoria da Mesa de Transición das Pontes ante a decisión feita pública por Endesa de pechar a central térmica ao considerar que as probas de uso de biocombustibles non apuntaban á súa viabilidade. Esta Mesa de Transición das Pontes reúne a representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a Xunta de Galicia, o Concello das Pontes de García, a empresa titular desta central térmica, a Asociación Empresarial das Pontes e os sindicatos para planificar accións conxuntas que aseguren unha transición xusta nesta zona.
Javier Losada manifestou a súa indignación pola decisión feita pública por Endesa de pechar a central que se ubica no Concello das Pontes. Considera que a decisión “unilateral” da compañía “non é de recibo” pois non contou nin coa participación do grupo de traballo técnico constituído para avaliar a viabilidade da planta e tampouco tivo en conta os fondos dispoñibles para facilitar a transición enerxética desde tipo de instalacións.
O delegado do Goberno reiterou o compromiso do Goberno de España con As Pontes e coa Mesa para o futuro da comarca, a única con carácter específico, á que corresponde a elaboración dun Plan de Desenvolvemento para atopar alternativas á actividade de xeración eléctrica con carbón tal e como viña desenvolvendo, entre outras actividades.
Javier Losada lembrou que o traballo conxunto de traballadores e administracións foi capaz de dar esperanza á factoría de Alcoa “e aínda que Endesa se atopa nunha situación diferente” considera que o exemplo da unidade de acción amosada no tema de Alcoa debe atopar un paralelismo no caso de Endesa.