Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat al Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
A Subdelegación do Goberno en Lugo entrega 84.000 máscaras para os servizos esenciais e educativos dos concellos da provincia
23/09/2020
Isabel Rodríguez presidiu hoxe o acto de entrega á alcaldesa de Lugo e ao deputado provincial Pablo Rivera
Con este acto finaliza a nova campaña de reparto de material na provincia no que se entregaron 108.000 máscaras
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou hoxe 84.000 máscaras sanitarias destinadas a traballadores dos servizos esenciais e educativos dos concellos da provincia de Lugo. Isabel Rodríguez entregou esta mañá o material á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e ao deputado provincial Pablo Rivera na Subdelegación do Goberno. A Deputación é a institución que se fará cargo do operativo de distribución entre os concellos con poboación interior a 20.000 habitantes, segundo acordaron o Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Das 84.000 máscaras repartidas hoxe, a subdelegada entregou 14.600 á alcaldesa de Lugo e 34.400 foron recollidas polo deputado provincial.
Isabel Rodríguez aproveitou para “destacar e agradecer o papel fundamental que están a xogar os concellos da provincia na atención a todas as persoas afectadas por esta grave crise sanitaria” e lembrou que a Subdelegación do Goberno está sempre a disposición dos concellos de Lugo, aos que ofrece a máxima colaboración. Tamén agradeceu a colaboración da Deputación de Lugo para achegar este material ao resto de concellos da provincia.
Conclúe a campaña
Coa entrega deste material aos concellos da provincia, remata a nova campaña de entrega de 108.000 máscaras que a Subdelegación do Goberno en Lugo desenvolveu esta semana. Este reparto enmárcase no acordo de distribución de material sanitario adoptado polos Ministerios de Política Territorial e de Sanidade coa Federación Española de Municipios e Provincias.
Onte, a subdelegada fixo entrega de 24.000 máscaras á Cruz Vermella, Cermi e a Cáritas de Lugo, para facilitar a protección dos traballadores e voluntarios que colaboran nestas tres entidades na provincia.