Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat al Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra pon a disposición da Xunta máis de 21.500 unidades de material sanitario de protección
27/03/2020
Maica Larriba comunicou o material obtido entre os diferentes organismos dependentes da administración periférica do Estado para que a Xunta axilice os envíos ás entidades que necesitan de máxima protección sanitaria
.- A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, puxo ao dispor da Xunta de Galicia na provincia 21.521 unidades de diverso material sanitario para o acceso ás medidas de protección necesarias por mor da pandemia do Covid-19. Na liña de colaboración entre administracións, a Subdelegación do Goberno realizou un reagrupamento de material existente nas entidades dependentes da administración central en Pontevedra. Desta forma, o INSS e o TGSS en Vigo puxeron a disposición respectivamente, 410 unidades e 352 entre máscaras, luvas e lentes de protección. Pola súa banda o Instituto Social da Mariña puxo a disposición dous envíos de 2.364 unidades e o segundo de 2.164 con luvas, máscaras, batas e material desinfectante. Por último, o ISM en Bamio, proporcionou máis de 16.231 unidades de material entre desinfectante, batas, luvas de diferentes tallas, máscaras, resucitadores manuais, máscaras de osíxeno, etc...
Maica Larriba agradeceu a inmediata colaboración das diferentes entidades estatais na provincia que manteñen un traballo directo coa Subdelegación para realizar todo aquilo que está na man de cada un deles, “xa que agora máis que nunca as relacións entre as diferentes administracións é prioritaria para cumprir coas necesidades da poboación como consecuencia da crise sanitaria que vivimos”.
Por iso, todo este material puxose a dispor dos responsables territoriais da Xunta para que realice a repartición segundo prioridades e coa máxima celeridade que eles consideren.