Maica Larriba subliña os primeiros doce meses no seu cargo como un período intenso de traballo
10/07/2019
Dende o primeiro día, a subdelegada de Goberno quixo manter unha estreita relación co resto de administracións, especialmente con todos os concellos da provincia
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, fixo hoxe balance do seu primeiro ano no cargo. Tal como indicou na súa intervención “ foi un ano onde quixen cumprir co meu compromiso desde o meu nomeamento nunha nova política de transparencia, marcándome como obxectivo facer un labor de coñecemento desta institución que tantas veces pasa desapercibida entre a cidadanía”. Por iso, Maica Larriba expuxo un resumo de todas as actividades que se realizan desde os diferentes departamentos que conforman esta institución periférica do Estado. A subdelegada mantivo unha relación directa e comprometeu co resto de institucións locais e provinciais “ mantendo reunións intensas con todos aqueles que o requiriron para escoitar as súas reivindicacións ou problemas”. Respecto a isto, Larriba quixo mencionar os tres momentos máis graves que viviu a provincia como a explosión da pirotecnia ilegal de Paramos, “para a que logramos a declaración de zona especial de emerxencia en apenas dous meses, logrando axudas e facilitando que estas mesmas, estivesen exentas de tributación no IRPF”. Hai que lembrar que a subdelegada de goberno puido comunicar a semana pasada a pronta resolución de máis de 1,4 millóns de euros cos que o concello pode recuperar os investimentos realizados no desescombro da zona afectada. Tamén quixo lembrar o incendio e posterior afundimento dun catamarán turístico no Grove para lembrar o agradecemento á Garda Civil na coordinación do rescate e evacuación de feridos. Neste aspecto, fíxose mención ao accidente do Marisquiño en Vigo, polo que quixo, igualmente, recoñecer o labor dos corpos e forzas de seguridade do Estado.
Durante estes doce meses, Maica Larriba tentou ser o punto de desbloqueo en moitos asuntos que estaban enquistados no tempo. Respecto a isto, quixo destacar o proxecto da variante de Ponteareas, “que levaba máis de dez anos de promesas e que no últimos catro anos non se había conseguido ningún avance. Traballando en conxunto co concello e o Ministerio de Fomento, logramos que se asumise a totalidade da obra pola administración central e axilizar a súa tramitación”. Larriba tamén sinalou o proxecto de reposición dos viais nas parroquias de Chapela e Teis, así como o proxecto das pantallas antiruido que en breve verán a luz.
Por outra banda, a titular da Subdelegación de Goberno quixo, especialmente, agradecer aos 166 traballadores da institución, entre funcionarios e laborais, que como explicou “son unha perfecta máquina engrasada que leva a carga do traballo diario para que esta subdelegación funcione e que brindáronme todo o seu traballo para o bo facer desta subdelegada”.
En canto a actividade que realizan os diferentes departamentos da subdelegación, Larriba recordou o aumento dun 17,23% na oficina de información e rexistro ou as máis de 4.100 autorizacións tramitadas desde a oficina de estranxeiría. Igualmente quixo comentar o traballo tan importante de Sanidade Exterior e Farmacia, onde se fai “un labor importantísima para todos, centrado tanto na vixilancia das alertas sanitarias, como nos decomisos de substancias estupefacientes. Igualmente subliñou a actividade do departamento de sancións, o cal, recibiu máis de 8.700 actas de denuncias, sendo superior as tres outras provincias da nosa comunidade xuntas.
Por último, e na área de Industria a subdelegada subliñou a actividade de control nas provincias de Ourense e Pontevedra das 120 explotacións mineiras de granito e pizarra, “o que supón preto de mil operacións de subministración de explosivos e a realización de 4.500 actas de voaduras que son controladas polos nosos técnicos”, recordou Larriba . Amais inspecciónanse once talleres de fabricación de pirotecnia. “Por dar un dato Galicia é a segunda comunidade autónoma, tras Valencia, en instalacións deste tipo”, recoñeceu a subdelegada. Ademais de realizan as inspeccións de 95 establecementos de venda e comercialización deste tipo de produtos. O ano pasado controláronse 157 espectáculos de pirotecnia de máis de dez quilos de explosivos.