José Miñones reitera a vocación municipalista do Goberno de Pedro Sánchez con financiamento e reformas que responden a demandas históricas dos concellos galegos

09/11/2021

O delegado do Goberno traslada ao presidente da FEGAMP o impacto en Galicia das convocatorias e investimentos en enerxías limpas e dixitalización que se concretaron nos últimos días

Apunta que os Orzamentos do vindeiro ano recollerán as maiores entregas a conta da democracia para os municipios superando os 22.000 millóns de euros xunto coa devolución do IVE pendente

O Goberno dá certidume aos concellos aprobando un real decreto que devolve a constitucionalidade ao imposto da plusvalía


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou hoxe en Santiago a vocación municipalista do Goberno de Pedro Sánchez, que se manifesta en financiación, investimentos e reformas lexislativas e normativas que responden a demandas históricas dos concellos, entre eles os de Galicia. Pronunciouse así tras a reunión que mantivo co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, na sede da FEGAMP.

José Miñones aproveitou esta visita para recoñecer a lealdade das entidades locais co Goberno na resposta pública ante a pandemia da COVID-19 e apuntou que foron un exemplo de colaboración durante a crise. “O Goberno responde a esta lealdade con compromisos cumpridos en materia de financiamento e en reformas lexislativas que estaban pendentes dende hai décadas”, explicou, ao que engadiu que o Executivo conta cos concellos nun momento trascendental para a recuperación da economía e da sociedade tras os peores momentos da pandemia.

Plan de Recuperación

José Miñones insistiu no papel protagonista dos concellos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia: “Os municipios son panca da recuperación”. Sinalou que cada un dos 30 compoñentes do Plan de Recuperación conta con presencia municipal, de xeito directo ou indirecto. E moitas das 110 inversións contempladas no Plan terán como protagonistas os concellos.

Na reunión de hoxe, o delegado informou ao presidente da FEGAMP sobre as novidades das convocatorias e investimentos impulsados polos ministerios para a Transición Ecolóxica e de Asuntos Económicos dentro do Plan de Recuperación e que suman máis de 28 millóns de euros.

En concreto, a apertura da convocatoria do programa DUS-5000 de axudas para proxectos de enerxías limpias en municipios do reto demográfico (5,7 M de euros para Galicia); o programa PREE5000 para financiar proxectos de eficiencia enerxética en vivendas e empresas (3,8 M de euros para Galicia), e o Programa UNICO-Banda Ancha, (19 M de euros) que acaba de aprobar a extensión de banda ancha de alta velocidade a 60.000 fogares e empresas de 278 concellos de Galicia nos que non contaban con este servizo esencial.

Financiación Local

O delegado do Goberno lembrou que o Goberno está a mellorar o financiamento das entidades locais. Así, o proxecto de Orzamentos do Estado para 2022 inclúe as maiores entregas a conta ás entidades locais da historia da democracia, superando os 22.000 millóns de euros aos que se sumarán 1.228M de euros de entregas especiais. “O conxunto do financiamento aos concellos subirá un 17% con respecto ao 2021”, engadiu.

Os orzamentos para o vindeiro ano tamén incluirán melloras para o emprego público municipal, a través da taxa de reposición que será entre o 110% e os 125% no caso das policías locais.

Ademáis, José Miñones lembrou que o compromiso estatal coas arcas municipais terá unha nova mostra coa devolución do IVE pendente que se fará efectiva en 2022.

Reformas lexislativas

No referente a reformas normativas, o delegado repasou co presidente da FEGAMP os avances en modificacións e novos réximes que cumpren demandas históricas do municipalismo. Así, explicou que o Goberno ultima a a reforma da Lei de Bases de Réxime Local e a elaboración dun réxime especial para os municipios afectados polo reto demográfico, “unha cuestión de especial relevancia para os 252 concellos de Galicia que entran nesta categoría”, explicou.

Por último, José Miñones fixo unha mención á aprobación da nova regulación do imposto de plusvalía municipal, que acordou onte o Consello de Ministros e hoxe mesmo publica o Boletín Oficial do Estado. Coa reforma legal garántese a constitucionalidade do tributo, ofrécese seguridade xurídica aos contribuíntes e certeza aos concellos: “Dámoslle unha solución aos concellos evitando o aumento do déficit e establecendo una fórmula máis xusta para os cidadáns”, explicou.