Maica Larriba pídelle á Policía Nacional un compromiso especial para loitar contra a violencia de xénero

Acto de homenaje a los caídos

03/10/2018

A Subdelegada do Goberno preside os actos do Día da Policía na comisaría de Vigo-Redondela


A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba presidiu hoxe en Vigo o “Día da Policía” da comisaría da cidade olívica na que se entregaron diversas condecoracións a persoal do corpo e a civís así como un recoñecemento especial a entidades sociais e empresas pola súa colaboración coa policía viguesa.

Larriba, na súa intervención tras a entrega de condecoracións, felicitou a todos os homenaxeados e a todo o corpo de funcionarios que prestan o seu servizo na Comisaría de Vigo e pediulles un “compromiso especial” na loita contra a violencia de xénero. “Sei que na nosa cidade e na nosa provincia a situación é mellor que noutros lugares, pero as cifras totais no noso país téñennos que obrigar a redobrar os esforzos. Trinta e oito mulleres foron as vítimas mortais directas da violencia machista. E, os últimos sucesos, denótase un compoñente que produce un maior desasosego. O asasinato dos fillos e fillas como unha forma de facer un dano máis cruel se cabe que o propio asasinato da muller”, recordou a Subdelegada.

Por esta situación pediu a todos os membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado un esforzo e implicación aínda maior do que estades a facer “porque as nosas prazas, os nosos xardíns e as nosas rúas teñen que ser lugares seguros para todos os cidadáns, pero en especial para todas as mulleres”.

A Subdelegada tamén se referiu a que proximamente vaise cumprir os 40 anos da integración da muller na Policía Nacional e subliñou que, por primeira vez, a comisaria provincial vai ser una muller o que tamén normaliza que neste intre un trece por cento da plantilla da Policía sexan mulleres.

Por último e tras agradecer a dedicación de toda a plantilla da comisaría viguesa quixo ter un recordo para a axente Vanesa Lage, membro da comisaría de Vigo, “a vosa compañeira que faleceu fai catro anos no cumprimento do deber nas rúas da cidade nun enfrontamento cuns atracadores”.