Javier Losada presenta o dispositivo especial da Garda Civil para garantir a seguridade nas zonas turísticas e no Camiño de Santiago en Galicia

Javier Losada presenta o dispositivo especial da Garda Civil para garantir a seguridade nas zonas turísticas e no Camiño de Santiago en Galicia

19/07/2018



Neste operativo participan efectivos dos Escuadróns de Caballería, Grupo de Reserva e Seguridade, Grupo de Actuación Rápida e do Servicio Aéreo, así como policías estranxeiros

O plan permanecerá activado ata o próximo 15 de setembro e inclúe un reforzó de 125 efectivos na Comunidade

Ata xuño de este ano, a Garda Civil levaba atendidos a máis de 123.000 peregrinos en Galicia


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presentou esta mañá o dispositivo especial destinado a reforzar a seguridade nas zonas turísticas e no Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia durante este verán.

O acto tivo lugar no Monasteiro de Santa María Magdalena, parada dos peregrinos que percorren o Camiño Francés a Santiago, e contou cunha representación dos medios activados pertencentes ás especialidades de Tráfico, Seprona, Grupo Especial de Actividades Subacuáticas, Servicio Marítimo e de Rescate e Intervención en Montaña.

Xunto ao delegado do Goberno asistiron a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o coronel xefe da  comandancia de Lugo, Miguel Ángel González e os tenentes de alcalde do Concello de Sarria, Efrén Castro Caloto e Diego López López.

As campañas “Turismo Seguro” e “Seguridade Xacobea 2018” manteranse activas ata o próximo 15 de setembro e enmárcanse na Operación Verán que cada ano desenvolve o Ministerio do Interior. O obxectivo de ambas é proporcionar un entorno seguro para visitantes que se desprazan ás zonas máis turísticas da Comunidade Galega e, en particular, a aqueles que o fan seguindo unha das rutas xacobeas dispoñibles. Neste caso, a prioridade  é garantir o benestar das persoas que percorren o Camiño, prestándolles auxilio e, no caso que fose preciso, resolvendo incidencias. Cómpre destacar que no ano 2017 a Garda Civil atendeu en Galicia a más de 300.000 peregrinos e que, neste ano e ata o mes de xuño, levaba atendidos a máis de 123.000.

Por outra banda, aumentarase a vixilancia en vías de comunicación, estacións, portos, aeroportos, hoteis, cámpings e praias, e reforzaranse as medidas de seguridade en espectáculos e acontecementos que supoñan grandes concentracións de persoas.

 

EFECTIVOS PLAN TURISMO SEGURO E SEGURIDADE XACOBEA

Os operativos de “Turismo Seguro” e “Seguridade Xacobea” supón un reforzo de efectivos nas comandancias galegas. Engadíronse 125 axentes, aos que se suman 18 distribuidos en helicópteros e no Grupo de Reserva e Seguridade. Para a vixiancia das rutas xacobeas estáse a empregar 1.000 efectivos distribuidos en 73 postos.

A instrucción inclúe a mobilización de 24 efectivos do Escuadrón de Cabalería con bases en Sarria, Santiago, Verín e Mondariz; o Grupo de Reserva e Seguridade, o Grupo de Acción Prioritaria, un equipo de Tedax, efectivos de Policía Xudicial, e un helicóptero, entre outras especialidades, ademáis de catro axentes da Guardia Nacional Republicana de Portugal, Policía Federal de Alemania e Carabinieri de Italia.