Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia
- Government Delegate.
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Lugo
- Government Sub-delegation in Ourense
- Government Sub-delegation in Pontevedra
- Government Sub-delegation in A Coruña
Maica Larriba agradece “toda unha vida de entrega profesional” aos funcionarios da Subdelegación xubilados nos dous últimos anos
28/01/2022
A subdelegada recoñeceu a súa dedicación e esforzo para servir á cidadanía “a pesar de atravesar momentos de moita dificultade marcados pola pandemia".
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu esta mañá un acto de homenaxe a 8 empregados públicos de diferentes departamentos xubilados ao longo dos dous últimos anos. A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, agradeceulles a todos e a todas “unha vida de entrega profesional traballando nesta subdelegación”, así como “o trato recibido e a profesionalidade de cada un e cada unha de vós”.
A subdelegada do Goberno lembrou que os dous últimos anos xiraron ao redor da pandemia polo que lles agradeceu que “a pesar de atravesar momentos duros, souberades corresponder con dedicación e esforzo para darlle o mellor servizo á cidadanía como servidores públicos”.
Maica Larriba mostrouse consciente dos esforzos esixidos ao conxunto de funcionarios ao longo dos últimos anos e lembrou que para ir revertendo a situación “o Goberno está realizando un traballo moi importante asumindo novos compromisos coa maior dotación de prazas e co incremento económico das nóminas”.