Costas comeza a demolición da cuberta da cetárea da praia de Cubelas, en San Cibrao

Costas comeza a demolición da cuberta da cetárea da praia de Cubelas, en San Cibrao

27/11/2018


A subdelegada do Goberno en Lugo comprobou esta mañá o comezo dos traballos para a demolición que se prolongarán durante dous meses

Previamente foi necesario retirar o amianto da construción

Costas inviste case 32.000 euros neste proxecto de mellora da praia de San Cibrao


A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, revisou hoxe o comezo dos  traballos para a retirada da cuberta da antiga cetárea de Izamar, situada na praia de Cubelas, en San Cibrao, no concello de Cervo.

A subdelegada do Goberno explicou que “esta é unha das actuacións nas que traballa Costas para mellorar tanto a estética como a seguridade da costa da Mariña, trátase dun proxecto co que actuamos nunha cetárea que levaba sen actividade dende 2007”. Isabel Rodríguez tamén lembrou que “con este proxecto, son máis de medio millóns de euros os investimentos que ten previsto realizar o Goberno na comarca da Mariña para melloras e conservación da costa”. 

Os labores de demolición da cuberta da vella cetárea existente na praia de Cubelas, que executa o Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, comezaron esta mañá, logo de que a semana pasada se efectuaran os labores previos de retirada do amianto existente na edificación.

A vella cetárea quedou en desuso hai tempo deixando na no ámbito da praia unhas edificacións obsoletas e nalgún caso perigosas, polo que Costas está a demoler a parte superior da construción, a situada por riba da rasante da soleira.

Costas investirá 31.807 euros nesta actuación de recuperación do entorno, que está sendo executada pola empresa pública Tragsa.

As obras prolongaranse durante dous meses e son de gran complexidade pola ubicación na que se encontra a vella cetárea de Izamar, que só permite traballar durante as horas marea baixa.