O subdelegado de Goberno en Ourense recibe a Francisco Rodríguez Vila, teniente coronel do Corpo Xeral de Escalas Oficiais do Exército de Terra

O subdelegado de Goberno en Ourense recibe a Francisco Rodríguez Vila, teniente coronel do Corpo Xeral de Escalas Oficiais do Exército de Terra

15/11/2018


O subdelegado de Goberno destacou a traxectoria profesional do teniente coronel na provincia de Ourense


A partir de hoxe o teniente coronel Francisco Rodríguez Vila pasa á situación de reserva, despois dunha destacada traxectoria como profesional das Forzas Armadas, ligado á cidade de Ourense coma membro do Reximento “Zamora 8” (1982-1987).

Dende o ano 1999 ata á actualidade estivo destinado na Subdelegación de Defensa en Ourense (antigo Goberno Militar) realizando funcións de habilitado, de xefe de Área de Reclutamento de Ourense (realizando labores de información e captación para o ingreso nas Forzas Armadas) e nos últimos anos coma xefe do Órgano de Apoio ó Persoal de esta Subdelegación de Defensa.

O subdelegado do Goberno en Ourense amosou todo o agradecemento polos servizos prestados e a súa profesionalidade en nome da Subdelegación.