O Subdelegado do Goberno en Ourense acompañou á Asociación Diabética Auria no Día Mundial da Diabetes

O Subdelegado do Goberno en Ourense acompañou á Asociación Diabética Auria no Día Mundial da Diabetes<br/>

14/11/2018


O subdelegado destacou o traballo de prevención por parte da Asociación de Diabéticos en Ourense


Emilio González Afonso, acompañou no día Mundial da Diabetes á Asociación Auria que, xunto coa colaboración do voluntariado da Cruz Vermella realizaron medicións de azucre no sangue na céntrica Rúa do Paseo, ademáis de aportar información sobre esta enfermidade ás persoas que se achegaron.

Dende á Asociación quixeron rendir homenaxe este ano ás familias das persoas afectadas pola diabetes, xa que consideran fundamental o apoio e información sobre recursos á familia para que poidan contribuir ó apoio das persoas afectadas.

O subdelegado considera fundamental dotar de información e recursos ás familias para poder otorgar o máximo apoio e atención ás persoas que padecen diabetes.